Site icon Crónica3.com A Mariña

“Manuel Leiras Pulpeiro (1854 – 1912) O poeta e o cidadán ao cabo dun século” será presentado o 8 de novembro en Mondoñedo

O libro “Manuel Leiras Pulpeiro (1854 – 1912) O poeta e o cidadán ao cabo dun século” será presentado o sábado 8 de novembro a partir das 12.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Mondoñedo.

Este libro, que nace a raiz das xornadas celebradas en Mondoñedo sobre Leiras no 2012 conmemorando os 100 anos do seu pasamento, conta coa colaboración de Xe Freyre e Abel Vigo -como coordinadores-; pero tamén con Andrés García Doural, Xosé Manuel González Reboredo, Antón Meilán García, Isabel Morán Cabanas, Camiño Noia Campos, Antón Reigosa Carreiras, Ramón Reimunde Noreña, Armando Requeixo, Alicia Tella Villamarín e Xosé Ramón Veiga.

Pola contra, a entrega dos premios de Poesía Leiras Pulpeiro prevista tamén para o sábado 8, verase aprazada ata o seguinte sábado, día 15. A entrega destes premios tamén terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello a partir das 12.00 horas.

Exit mobile version