Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo acolle o X Encontro Europeo de Comités de amigos do Movimento Sem Terra

O Comité Galego de Apoio ao MST, constituído por Amarante Setem no 2001, organiza do 24 ó 26 de Outubro o X Encontro Europeo de Comités de amigos do MST en Mondoñedo. 10 Comités de 7 países estarán xunto cunha delegación do Movemento dos Sem Terra do Brasil analizando a situación de desigualdade no campo, o acaparamento de terras por multinacionais, a soberanía alimentar, o feminismo, e a relación entre o rural e o urbano.

O Encontro contará con dúas partes, un espazo aberto para tódolos públicos que querian coñecer a labor do Movemento dos Sem Terra e o impacto que está producindo o neoliberalimo no campo. E outro específico para o traballo de estratexias conxuntas entre todas as organizacións que traballan dento dos Comités de toda Europa. Un espazo onde os comités se articulen e fortalezan en común para volcar ese traballo na cidadanía.

Actos previos: Charlas con Rosa do Carmo do MST
Para ás persoas que non poidan asistir e queiran coñecer de preto o Movemento dos Sem Terra e a loita pola terra fronte movementos especulativos e empresariais, temos previstas unhas charlas con Rosa do Carmo, coordenadora da Secretaria Estadual do MST en Salvador. Leva 15 anos no Movemento e o seu traballou estivo ligado ó sector de educación en formación no campo con mulleres, xóvenes e no impulso ás cooperativas. Rosa estará en varias comarcas de Galicia onde realizará charlas abertas e encontros con colectivos e coñecendo experiencias agrarias en Galicia os seguintes días:
– En Compostela: 14 ao 16 de outubro
– En Pontevedra: Charla na Casa das Campás ás 20:00
– En Ribadeo: o xoves 23 de outubro ás 20,30h. No Lavadoiro, rúa fornos .

Crowfunding
Todos os comités están formados por xente voluntaria e con recursos limitados, asi que para organizar o encontro apostamos pola financiación colectiva, segundo o ideario de traballo colaborativo do MST. Para iso, lanzamos un crowfundin para tódalas persoas que simpatizen e queiran dar apoio ó MST. Este será principalmente para cubrir os gastos de estadía e traslados das compañeiras do MST que veñen do Brasil, o resto cada Comité cubre os seus gastos.

As persoas que contribúan recibirán un agasallo – recordatorio do MST e unha mención de agradecemento nun vídeo final que imos realizar. Nas charlas que se realizarán con Rosa podedes ter máis información sobre este tema.

Esta actividade se fai coincidir co Encontro da Plataforma Rural para poder establer sinerxías e reforzar a vibisilización e a loita común que é un rural vivo e a soberanía alimentaria.

Para ter información sobre todo o crowfunding, o MST e o Encontro podedes entrar en:
http://amigosmstgaliza.wordpress.com/
Seguidenos en: https://www.facebook.com/AmigosMSTGaliza, ou @ApoioMST_galiza
Non deixedes de ver o vídeo da campaña, unha homenaxe a todas as persoas que loitan por un mundo mellor.O vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=C62CCtKqhfM

Exit mobile version