Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova edición do Mes de Teatro en Alfoz con catro grupos de afeccionados da zona

Un ano máis Alfoz prepárase para o seu Mes do Teatro, que ten lugar, como sempre, durante o outono. Este ano serán catro sábados con catro grupos de teatro da zona, de acordo co seguinte programa:

– Sábado 25 de outubro: GRUPO DE TEATRO “EL CIOYO”, de Castropol, coa súa obra “Esto era unha vez”, de José Ramón Oliva, con amaños de Eligio Lombardero, baixo a Dirección do propio Eligio Lombardero.

– Sábado, 1 de novembro: GRUPO DE TEATRO “ADALA”, de Fazouro, coa obra “Aperta pero non afoga”, escrita e dirixida por Francisco Piñeiro.

– Sábado, 8 de novembro: GRUPO DE TEATRO “AXÓUXERES”, de Vilaronte, que representará a obra “Descontrol hospitalario”, de Román Sarmentero, dirixida por Benito García.

– Sábado, 15 de novembro: GRUPO DE TEATRO “OLLOMAO”, de Barreiros, coa obra “Oé, oé, oé!!!”, escrita por Maxi Rodríguez e traducida, adaptada e dirixida por Ramón Casas.

O sábado seguinte, día 22, tamén teremos teatro en Alfoz, pois, dentro dos circuítos teatrais de Buxiganga, organizados pola Delegación de Cultura da Deputación de Lugo, teremos ó Grupo “O Bordelo” de Cervo, que representará a obra “A fonte dos soños”, de Francisco Piñeiro.

Exit mobile version