Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela asistiu ós actos oficiais da festividade da patroa da Garda Civil

actos-pilarBurela, 13 de outubro de 2014. O alcalde de Burela, José María González Barcia, asistiu aos actos oficiais da festividade da Virxe do Pilar, Patroa da Garda Civil, acompañando ao capitán xefe da compañía, José López Ginzo, mandos e membros do Instituto Armado, xunto co tenente de alcalde, Manuel Fernández Valle.

González Barcia participou nos actos relixiosos, misa e procesión, que tiveron lugar onte a mediodía na igrexa parroquial de Burela, así como no viño español que se serviu nas dependencias do Cuartel da Garda Civil na localidade, sede da compañía e do Subsector de Tráfico.

Barcia resaltou e agradeceu o traballo e espírito de sacrificio da Benemérita, e lembrou que é unha das institucións máis e mellor valoradas de todo o Estado. Así mesmo, remarcou o elevado grao de recoñecemento da poboación de Burela para a Garda Civil.

Exit mobile version