Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Burela pide explicacións ao alcalde sobre os verquidos realizados na explanada portuaria do Berbés

vertidos-berbesO BNG vai rexistrar, con carácter de urxencia, no Concello unha serie de preguntas para que o alcalde de Burela aclare e dea as explicacións oportunas sobre as actuacións que se están a levar a cabo nos sumidoiros situados na Rúa do Porto, entre as dependencias de Portos de Galiza e Capitanía Marítima.

Durante o día de onte, camións bomba da empresa concesionaria da auga en Burela, estiveron realizando labores de limpeza nos sumidoiros da rúa do Porto, na confluencia da Avda. da Mariña con Eijo Garay. Segundo puidemos comprobar, a enxurrada e o lixo recollidos están a ser verquidos na explanada portuaria do Berbés, entre ABSA e a zona xeolóxica do Perdouro.
Para o BNG, estes feitos son dunha enorme irresponsabilidade, podendo supór un risco para o medio ambiente e a saúde pública.

O BNG exixe que se paralicen inmediatamente estes verquidos e que se proceda á limpeza do lixo depositado no Berbés, nunha zona de alto valor patrimonial e paisaxístico.

Ante a gravidade que podan ter estas actuacións, o BNG vai presentar por escrito unha serie de preguntas ao alcalde para que aclare esta situación e tome de inmediato as medidas oportunas. Durante o día de hoxe continuaban os labores de limpeza que está a levar a cabo a empresa. O alcalde debe actuar de inmediato e exixir a paralización dos verquidos realizados e ordenar a limpeza da enxurrada depositada no Berbés, nunha zona de alto valor patrimonial e paisaxístico.

Exit mobile version