Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz demanda que as contestacións ás alegracións do PXOM se notifiquen individualmente

fozFoz, 24 de outubro de 2014.- O BNG de Foz demanda que as respostas ás alegacións do PXOM en fase de aprobación provisional se notifiquen por parte dos redactores individualmente. Esta demanda non é un capricho senón que é unha garantía de transparencia e de salvagarda dos dereitos individuais dos alegantes. Ademais, foi un acordo adoptado na Comisión de Seguimento do Plan e un compromiso político no que todos os grupos pareciamos estar de acordo.

O BNG de Foz fai esta petición despois dunha contestación do alcalde a unha pregunta do BNG sobre as alegacións ao Plan Xeral na que deixou patente que as respostas non ían ser enviadas aos domicilios das persoas que fixeron as aproximadamente 600 alegacións ao plan.

Para o BNG, isto suporía que a moitas persoas que realizaron alegacións ao PXOM non teñan constancia expresa da resposta á súa alegación ou non saiban ben que paso deben seguir a continuación.

Exit mobile version