Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS imponse na pista bilbaína con goles de Peque, Taina e Paula

bilbo-burelafsO Burela FS Pescados Rubén cumpriu obxectivo e regresará esta noite cos tres puntos de La Casilla tras impoñerse ao novel Tecuni Bilbo FS por 1-3 con goles de Peque, Taina e Paula nun encontro de dominio galego ante a expectativa local.

Peque xa inaugurou o marcador no minuto 5 en colaboración con Gaby tras roubo de balón. Ampliou distancias Taina no minuto 16 asistida por Peque. Con 2-0 continuouse a cita na segunda parte, sen modificacións no guión inicial, con xogo e ocasións burelistas. Non obstante, o 0-3 fíxose esperar; a moza Paula anotou o terceiro laranxa no minuto 35, de novo con axuda de Peque. As locais, sen xerar apenas perigo nas escasas saídas de balón das que dispuxeron, maquillaron o resultado final co 1-3 no minuto 37, de Esti, dende saque de esquina.

Ficha técnica
Bilbo FS: Sandra, Andrea, Diana, Eva eEsti (quinteto inicial). Tamén xogaron Ixone, Elena, Isa, Vicky e Daniela.

Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Tainã, Kiko, Lara, Cris, Paula.

Goles: 0-1, minuto 5, Peque; 0-2, minuto 16, Taina; 0-3, minuto 35, Paula, 1-3, minuto 37, Esti

Tarxetas: Por Bilbo amarela Eva (minuto 35) e Dani (minuto 38).

Exit mobile version