Site icon Crónica3.com A Mariña

O Casino de Viveiro continúa coas actividades culturais

Viveiro, 28 de outubro de 2014.- A obra de Carlos Montero López permanece aínda na Sala de Exposicións do Casino de Viveiro Club Náutico, e a Mostra pecharase cun percorrido no que o creador nos falará sobre cada un dos cadros expostos. Xa o fixo o día da Inauguración, deleitando a todos os presentes. Se non estiveches, esta é a túa oportunidade: xoves 6 de novembro, ás 12:00 horas.

O día seguinte, venres 7, ás 20:30 horas, terá lugar a inauguración dunha nova exposición: a de Carmen Prado. O debuxo e a expresión plástica estiveron sempre presentes na vida desta artista luguesa, que realizou ilustracións para libros e revistas, retratos en carbón, ata que na última década toma con forza os pinceis e probando, esborranchando e investigando, vai afianzando o seu estilo. Hai obras súas en Inglaterra, Dinamarca, Francia, Marrocos, e en toda España. Esta exposición poderá ser visitada ata o xoves 27 de novembro, en horario de 11 a 14 e de 18 a 21 horas.

Exit mobile version