Site icon Crónica3.com A Mariña

O CEIP San Cosme viaxou á Ribeira Sacra

barreiros-ribeirasacraOs alumnos do CEIP San Cosme viaxaron este xoves 16 de outubro ata a Ribeira Sacra para coñecer de primeira man esas terras que aspiran a converterse en Patrimonio da Humanidade. Comezaron o percorrido no concello do Saviñao, no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Miño do século XII, Monumento Nacional e logo visitaron a Adega Moure. De alí viaxaron a Monforte de Lemos onde fixeron unha parada para comer antes de viaxar en catamarán polos Cañons do Sil dende o embarcadoiro de Doade (Sober). Rematarán a visita no Centro Oleiro de Gundivós coñecendo a arte da cerámica negra. Trátase dunha viaxe organizada pola Asociación de Pais, froito dunha subvención concedida pola Área de Cultura da Deputación Provincial. Ante tan positiva experiencia a pesar do mal día, a ANPA agradece a todas as persoas que colaboraron: o equipo docente, o Concello de Barreiros e, por suposto, “ás persoas encantadoras que nos recibiron na Ribeira Sacra”.

Exit mobile version