Site icon Crónica3.com A Mariña

O CIM e a aula CeMIT ribadense organizan un curso destinado a mulleres que se impartirá no telecentrode Ove

Ribadeo, 7 de outubro de 2014. O telecentro de Ove será escenario os días 15, 16, 22 e 23 de outubro de catro a cinco e media da tarde do curso Inform@tizámonos?, que organizaron o Centro de Información ás Mulleres e a Aula CeMIT de Ribadeo. As mulleres interesadas en asistir deben inscribirse no CIM.

Este curso comezou a impartirse na Aula CeMIT, en Ribadeo, os días 1 e 2 de outubro e seguirá mañá e o xoves en horario de 11.30 a 13.00 horas.

A Aula CeMIT tamén é escenario de catro cursos do programa Faite Dixit@l! da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia. Neles abordaranse cuestións coma: configuración de dispositivos e uso de aplicacións móbiles; marca persoal; ferramentas web 2.0; e redes sociais. Os cursos, que comezan en outubro e rematarán en decembro, desenvolveranse en horarios de mañá e de tarde para favorecer a asistencia d@s interesad@s. Esta programación está organizada pola Concellaría de Sociedade da Información.

Exit mobile version