Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros organiza a Xuntanza para Maiores o sábado 11 de outubro

Barreiros, 1 de outubro de 2014. O vindeiro venres, 3 de outubro, remata o prazo para anotarse na Xuntanza para Maiores, que organiza o Concello de Barreiros.

As persoas maiores de 60 anos poderán participar nesta cita, acompañad@s do seu cónxuxe. O único que teñen que facer é apuntarse no departamento de Servizos Sociais do Concello presentando a súa tarxeta sanitaria.

O alcalde, Alfonso Fuente, sinala que “esta Xuntanza para maiores non se celebraba desde o ano 2010, debido á complicada situación económica pola que estivo a atravesar este país e este municipio. Agora que a economía e a situación do noso concello melloraron pensamos que era o momento de recuperar este encontro para as persoas maiores do noso municipio”.

A Xuntanza para Maiores terá lugar o 11 de outubro. Ese día haberá servizo de autobuses gratuíto polas distintas parroquias do Concello.

Exit mobile version