Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela organiza un taller de fotografía para mulleres maiores de 18 anos durante novembro

Burela, 23 de outubro de 2014. A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade organiza para o vindeiro mes un taller de fotografía dirixido a mulleres maiores de 18 anos. O curso terá unha duración de 20 horas e levarase a cabo os luns 3, 10, 17 e 24 de novembro e o 1 de decembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas. As interesadas poden recibir máis información acudindo ás dependencias municipais dos Servizos Sociais, situadas na casa consistorial.

A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán García, explicou que “a través desta acción formativa ofrecemos ás interesadas a posibilidade de poder aprender novas técnicas fotográficas que mostran a realidade que nos envolve, dende unha perspectiva non sexista. Para iso, o obxectivo da cámara converterase no filtro que nos axude a recoñecer no noso entorno roles de xénero que asumimos e repetimos sen reflexionar sobre eles”. Durán mostrou ademais o seu desexo de que “esta proposta sexa recollida con interese e sexa usada como un medio máis para acadar a igualdade de oportunidades reais e efectivas entre mulleres e homes na nosa sociedade”.

Exit mobile version