O edil popular explicou que “a cuberta desa grada, é unha estrutura de formigón e ferro, que non dispoñía de ningún tipo de illante, algo que podería ocasionarlle danos no futuro por mor das filtracións de auga durante os invernos. O que imos facer é cubrir cunha placa metálica de ferro galvanizado de cor verde acorde con ese entorno toda esa cuberta. Estamos a falar dunha superficie duns 500 metros cadrados. E tamén, cando todo estea perfectamente seco, imos proceder ao lucido e acondicionamento da parte interior desa estrutura”.
Manuel Fernández Valle calcula que no prazo dunhas dúas semanas, “se o tempo segue a ser bo estas obras estean listas”. O presuposto das obras ascende a 8.800 euros.
Ata o campo de herba natural da Marosa se desprazaron este mércores o alcalde, José Mª González Barcia e o concelleiro de Obras.