Cervo, 30 de outubro de 2014- O Concello de Cervo súmase á promoción do Mes da Maxia na Mariña Lucense, unha iniciativa que se celebra por terceiro ano consecutivo na comarca. No caso do municipio cervense, son catro os restaurantes que ofrecen os “menús máxicos”, que inclúen unha cea cunha carta especial acompañada de maxia en vivo.
O Mes da Maxia en Cervo comezará mañá no Almacén (31 de outubro, Mago Teto), para seguir no Buenavista (7 de novembro, Mago Teto), no Río de Oro (14 de novembro, Mago Teto), e no Noso Lar (22 de novembro, Mago Rafa).
A concelleira de Turismo, Begoña Alonso, valora o Mes da Maxia como unha “iniciativa de promoción turística y de dinamización de la hostalería a través del maridaje entre dos elementos que casan a la perfección, como es la gastronomía y el espectáculo”. De feito, Alonso lembra o éxito rexistrado en anteriores edicións. Da mesma maneira, para a edil “estas jornadas permiten ensalzar a partes iguales nuestros productos y nuestros artistas”.
No caso do concello, ano tras ano vai aumentando o número de locais que deciden formar parte deste proxecto co que se pretende desestacionalizar o turismo e ofrecer alternativas de lecer nos meses de outono.