O sábado será o momento da Festa Infantil de Samaín aberta a todos os nenos e nenas do concello, que se celebrará a partir das 18 h. na Casa do Mar. Nela haberá obradoiros de maquillaxe, de elaboración de máscaras, xogos e baile así como unha merenda. Unha actividade que se ofrecera tamén o ano pasado e que tivera moito éxito de participación.
O domingo a actividade trasládase ao Ecomuseo de Cervo (18 h.), onde se ofrecerá un ciclo de cine infantil de medo. A edil de Educación, Pilar Armada, asegura que poñen en marcha este programa de Samaín “pensando especialmente nos nenos e nenas, aproveitando que estes días non teñen clase, e ofrecéndolles alternativas para pasalo ben”. A edil convida a todos os nenos e nenas a participar nas actividades e a vivir esta ponte festiva “de forma activa e dinámica”.