Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro acollerá unha master class en fotografía social

O Concello de Viveiro, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, or-ganiza unha Master Class en Fotografía Social; esta actividade formativa, que leva por título Compromiso coa Mirada, será impartida polo fotógrafo galego Gabriel Tizón e terá lugar o vindeiro xoves, 30 de outubro de 2014, ás 19.30 horas, na Sala Multiusos da Casa do Concello.

Con esta actividade preténdese espertar a curiosidade polo mundo da fotografía, presen-tar as nocións básicas da fotografía social e dar a coñecer a existencia do concurso Ima-xes con Fondo, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade e que este ano celebra a súa segunda edición; pretende, así mesmo, promover a participación e a reflexión sobre os contidos das imaxes e o mundo que as mesmas constrúen.

Cómpre finalmente destacar a traxectoria profesional do fotógrafo Gabriel Tizón, encarga-do de impartir a Master Class, na que se abordarán numerosos contidos, tanto teóricos coma prácticos. Tizón, que foi membro do xurado de Imaxes con Fondo 2012, é un fotó-grafo de percorrido internacional con experiencia en catro continentes, premios nacionais e internacionais de fotografía e adquisición de obra por parte de coleccións públicas e pri-vadas, nacionais e internacionais. Foi responsable gráfico dos xornais El Correo Gallego, en Santiago de Compostela e na delegación de Ferrol, e de La Voz de Galicia, na delega-ción da Mariña-Asturias e na provincia de Lugo. Actualmente, é fotógrafo do xornal El Pa-ís e de axencias de noticias de ámbito nacional e internacional.

Viveiro, 23 de outubro de 2014.

Isabel Rodríguez López
Concelleira de Benestar Social

Exit mobile version