Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro recibe a pantalla do Cine Orfeo

Tras a demolición do Cine Orfeo, a súa pantalla foi cedida ao Concello de Viveiro para que poida ser empregada nas súas actividades culturais, como poden ser as proxeccións na rúa ou en calquera outra actividade sociocultural desa índole. Nesa liña, e tendo en conta o recente peche da sala de multicines de Viveiro, este Concello está a estudar a posibilidade de organizar ciclos de cine para proxectar películas utilizando as instalacións do Teatro Pastor Díaz, ampliando deste xeito a oferta cultural do municipio.

Exit mobile version