Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro reorganiza o espazo urbano fronte ó Pazo de Grallal

O equipo de goberno de Viveiro, co ánimo de mellorar os servizos urbanos do municipio, pretende acometer, entre outras, as obras de mellora da instalación de abastecemento de auga ás parroquias de Landrove, Chavín, Valcarría e San Pedro.

Na actualidade, as roturas desta instalación son continuas, causando graves deterioros e molestias aos veciños de todas estas parroquias. O problema destas roturas fundaméntase nas características da tubería de abastecemento, ao tratarse dunha tubería de fibro-cemento de diámetro 125 mm dunha antigüidade aproximada de 30 a 40 anos. A antigüi-dade desa tubería, así como as características do material, non soportan nin o caudal nin a presión da rede, o que propicia contínuas roturas na instalación.

En base a estes condicionantes e co obxectivo de garantir un bo servizo de abastecemen-to de auga potable aos habitantes desta zona do municipio, substituirase a tubería actual por outra de polietileno de diámetro 160 mm, co obxectivo de garantir o bo servizo da ins-talación.

O expediente para a realización desta obra xa está aprobado e a contratación realizarase mediante procedemento negociado; xa se remitiron as invitacións ás empresas para a presentación de ofertas e, previsiblemente, a contratación realizarase nas vindeiras se-manas.

Con esta obra, cuxo presuposto de contrata ascende a 30.992,06 €, o concello soluciona-rá o problema existente na rede de abastecemento de auga das parroquias de Landrove, Chavín, Valcarría e San Pedro, demostrando o seu compromiso para mellorar as infraes-truturas e servizos urbanos municipais.

Exit mobile version