Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove crea un novo espazo deportivo-cultural no Cruceiro

O lugar onde está ubicado este espazo é a parte traseira do Centro Social do Cruceiro, na parroquia de Xuances. Pois ben, o Concello acaba de habilitar un total de 2.000 metros cadrados que van servir para todo tipo de actos culturais e deportivos.

Este espazo vai ser estrenado precisamente mañá venres 4 de outubro por unha actividade lúdico-cultural, xa que nel vaise instalar unha carpa onde se desenvolverá a VIII FESTAS DOS CALLOS, festa gastronómica englobada dentro da Festa do Ramo que este fin de semana (venres 4 e sábado 5) se vai celebrar na Parroquia de Xuances.

A actuación, financiada integramente polo Concello e cun investimento aproximado de 15.000 €uros, conisteu en cubrir unha superficie duns 2.000 metros cadrados con aglomerado en quente dun grosor que varía entre 10 e 20 cm. Ademáis, para garantir o seu mantemento e conservación futura, dotouse este espazo de canalización e recollida de pluviais.

Este espazo, ademáis das súas posibilidades culturais, está sendo tamén preparado para práctica deportiva; vanse pintar as liñas de xogo e dotarase de porterías e canastras.

En fín, unha boa nova para tódolos veciños de Xuances e de todo o Concello, que disponen dun novo espazo sociocultural.

Exit mobile version