Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello reclama á Deputación que “remate co estado de abandono continuado na entrada de San Cibrao”

Cervo, 8 de outubro de 2014- O Concello de Cervo pídelle á Deputación que “sexa sensible e responsable no mantemento da estrada de acceso a San Ciprián”. A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, denunciou este mércores o “estado lamentable” da entrada principal a este núcleo, e manifestouse preocupada “porque esta situación no es puntual, sino que se mantiene de forma continuada”.

Alonso lembra que a vía de entrada a San Cibrao é de competencia da Deputación e, polo tanto, ten a obriga de facer todas as tarefas de mantemento que sexan necesarias para que estea en boas condicións, tanto para os peóns como para os vehículos. Neste sentido a edil asegura que a zona está invadida pola maleza, o cal pode provocar situacións de perigo especialmente para os viandantes.

A responsable de Medio Ambiente lamenta que a Deputación “hace oídos sordos a nuestras peticiones, a pesar de que todo lo que reclamamos es en realidad de su competencia”. Alonso asegura tamén que cunha única limpeza ao ano non é suficiente para que unha estrada sexa segura para os seus usuarios.

Por último, Alonso tamén recomenda ao Goberno Provincial que “en lugar de enviar a sus trabajadores a vigilar cada obra y cada movimiento que hacemos desde el Concello, destine medios humanos a algo tan importante como la seguridade de los vecinos”.

Exit mobile version