Site icon Crónica3.com A Mariña

O conxunto laranxa buscará resarcirse este venres en Zaragoza

antonhito-umacomO Burela FS Pescados Rubén disputará mañá a sétima xornada de Primeira División LNFS na pista de DLink Zaragoza (20.45 horas, Siglo XXI) buscando resarcirse do amargo empate de Vista Alegre ante Magna Navarra (4-4). “Viaxamos con ganas de quitarnos esa espiña; fixemos un bo partido pero non soubemos pechalo” reflexionaba Juanlu sobre o último compromiso, incidindo na relevancia de puntuar en terras mañas: “É unha cita moi importante en si mesma pero tamén tendo en conta as dúas próximas xornadas do calendario, coa visita de ElPozo a Burela e co desprazamento á sempre difícil pista do Marfil”.

Por diante dos da Mariña (4 puntos), o DLink Zaragoza (7 puntos) recibe os galegos tamén con ganas de puntuar, tras vir de caer ante Inter (1-3) e Barcelona (6-3), rivais que cortaron a súa boa racha inicial (Santiago 4-5 -2ª xornada-, Ribera Navarra 3-3 -3ª xornada- e Montesinos 4-5 -4ª xornada-). “É un rival moi incómodo, cunha defensa moi particular que obriga os equipos a modificar a súa forma de xogar. Se te adaptas ben a esa zona presionante podes sacar adiante o partido, se non é el quen gaña en perigo e consegue o control do encontro” analizaba o técnico laranxa, quen recoñecía na figura de Retamar “a brúxula” do Zaragoza.

Xunto aos prometedores Hélder e Ángel tamén viaxou Renato, ante a ausencia de Miguel, que xa non dispuxo de minutos ante Magna Navarra por unha contusión ósea. Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30 Hélder.

Venda anticipada
Vista Alegre xa se prepara para o próximo Día do Club, o sábado 1 de novembro, coa visita de ElPozo Murcia (18.30 horas). A venda anticipada estará aberta dende o luns 27 de outubro na sede do CD Burela FS Pescados Rubén, de luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00).

PREZOS PARA SOCIOS
Abono Individual: 5 euros

Abono Familiar: 5 euros/entrada

Abono Estudante: 5 euros

Abono Xuvenil: 5 euros

Abono Xubilado: 5 euros

Abono Infantil: 1 euro

PREZOS PARA NON SOCIOS
Maiores de 14 anos: 20 euros

De 0 a 13 anos: 3 euros

*Foto: A Caixa Escura Producións.

Exit mobile version