Site icon Crónica3.com A Mariña

O Enduro Team Galipizza&Cía achégase esta fin de semana á súa cita máis importante da temporada

extreme-enduro-portugalOs pilotos Manuel Grandío e Santi Chao, do Enduro do Team Galipizza&Cía, desprázanse a terras lusitanas para competir esta fin de semana na 10ª edición do Extreme Porto Lagares, proba puntuable para o mundial de enduro extremo.

A parella competirá na categoria XL formando un equipo; e aínda que debido as lesións a preparación de cara a esta proba non puido ser o mellor desexable, van tentar poder estar a altura dunha proba deste nivel.

Con esta serán 4 anos consecutivos nos que esta parella disputa esta dura carreira, considerada para moitos como a carreira de enduro extremo máis dura do mundo.

Despois de tres anos e cun quinto do ano pasado, este ano tentaran meterse no podio; a pesar da complicada tarefa debido á “cantidade (48 parellas inscritas), nivel dos participantes e o grao de dificultade da proba”.

A proba desenvolverase en 2 días. O sábado 11 terá lugar o prólogo polas rúas que baixan á ribeira na cidade do Porto para subir despois as motos a unha gabarra que as levará río arriba cara a Lagares onde discurrirá un tramo de espectáculo nocturno.

Xa o domingo 12 terá lugar a carreira que discurrirá por Lagares e arrededores e que contará cun tempo máximo por corredor de 6 horas, na que cada equipo debe completar o máximo de quilómetros posibles do percorrido.

Xornadas teórico-prácticas cun campión mundial
Así mesmo, o equipo estará un día antes en Portugal para poder asistir o venres 10 a unhas xornadas teórico/prácticas de enduro extremo impartidas polo actual campión do mundo Graham Jarvis.

Agradecementos
O equipo quere “agradecer a axuda que nos brinda o grupo Galipizza&Cía, que fai posible que poidemos estar nesta proba cun mínimo de garantias de éxito. Así mesmo, tamén dar as grazas a Asociación Viveiro Enduro e a Adhesivosembarrados.com“.

Exit mobile version