Para Ónega, “este libro posúe unha información tan completa, exhaustiva e útil que se fai necesario e imprescindible para os que aspiren a opositar ou os que necesiten orientación para os seus”
Para Diego Vigil, Galicia deu moitos e grandes profesionais á administración, unha afirmación que corroborou con datos: “mentres que a poboación de Galicia supón só o 8% do total de España, case a cuarta parte dos altos funcionarios do estado son galegos”, citando entre eles a, Romay Beccaría, Ónega, Rajoy, ou o presidente do BBVA Francisco González. Pero tamén é un camiño de volta, como o proba que, Galicia, especialmente Lugo e Ourense, sexan o primeiro destino de moitos xuíces, rexistradores e notarios, en localidades como A Fonsagrada, a Pobra de Trives, Viana do Birlo, Becerreá, Carballino, Bande, Celanova, ou Quiroga, frecuentes destinos dos recén aprobados.
Para Raquel Marañón, “como mozos que somos tocounos vivir uns tempos en que a función pública se encontra cuestionada e queremos con este libro poñer en valor o estudo e o esforzo como un ben por se mesmo, e o traballo de servizo público, que contribúe a unha sociedade mellor”.
A quenda de intervencións pechouno Romáy Beccaría, quen subliñou nas súas palabras o que as oposicións “son senllas de gloria, sinais de identidade do esforzo, do traballo, e a dedicación dunha longa travesía” e engadiu que “España ten que estar orgullosa dos seus grandes corpos da Administración Pública, un dos seus tesouros ocultos,”.
O acto contou coa asistencia do Presidente do Consello de Estado, o coruñés José Manuel Romay Beccaria, ex Ministro, actuando como moderador o Director da Casa de Galicia en Madrid José Ramón Onega (que foi pregoeiro do Carmen deste ano en Ribadeo). Acudiron ao acto o Ex Director da Casa de Galicia, o ribadense Francisco Día Rey, Presidente do Consello Consultivo de Madrid, Ignacio Astarloa, o Decano de Rexistradores de Madrid José Felix Merino Escartín, o Presidente da Cámara de Contas Arturo Canalda, o Director do Centro de Estudos Rexistrais Eugenio Rodríguez Cepeda, e a Directora da Academia de Rexistros de Madrid Carmen de Grado, entre outros moitos.