Site icon Crónica3.com A Mariña

O Frutas Jose – Viveiro FSF afronta con novidades a nova tempada

O Frutas Jose – Viveiro FSF comezará a súa andaina na liga provincial feminina na tempada 2014/2015 visitando a pista do Sporting Rabadense o vindeiro sábado 18 de outubro.

O Frutas Jose afronta a competición con moitas novidades e caras novas no seu plantel, debido ás moitas baixas que presenta respecto da tempada anterior. Estas baixas serán suplidas polas xogadoras mozas que suben ao primeiro equipo dende os equipos de base do club e que este ano terán que afrontar o reto que supón o salto da categoría cadete á absoluta.

A tempada 2014/2015 presenta o aliciente de ter un derbi mariñán, o que enfrentará nas xorndas oito e dezasete ao Frutas Jose – Viveiro FSF e o Burela FSF B.

Exit mobile version