Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno local de Cervo deixou a cero a débeda cos provedores que no 1999 era de 2,1 millóns de euros

Cervo, 7 de outubro de 2014- O Concello de Cervo deu a coñecer este martes as cifras de endebedamento actual e as previsións para o ano que vén segundo os orzamentos para 2015. Un dos datos máis relevantes é o da débeda a provedores, que no ano 1999 era de 2,1 millóns de euros e que a día de hoxe é de cero euros. Polo tanto, o goberno local eliminou a débeda coas empresas subministradoras, ás que lles está pagando ao día.

Outra das cifras que o goberno local conseguiu reducir é a ratio da débeda bancaria, que co PSOE no 1999 era do 151% e que no 2014 se sitúa no 50%, de forma que neste tempo diminuíu nun 101%. En termos absolutos, a débeda cos bancos ascendía a 3,7 millóns de euros no 1999 e a día de hoxe baixou aos 2,6 millóns de euros, mentres a previsión para 2015 é que se reduza ata os 2 millóns.

Ao mesmo tempo cabe destacar que o Concello dispón dunha boa capacidade de financiamento, o que permite manter os servizos coa mesma calidade, facer investimentos ou destinar 522.000 euros a emprego, e todo con recursos municipais.

Exit mobile version