Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de apoio á Alternativa Galega de Esquerda en Ribadeo organiza un acto sobre o mercado enerxético

O grupo de apoio á Alternativa Galega de Esquerda en Ribadeo organiza un acto divulgativo sobre a situación actual do mercado enerxético e as alternativas sociais que están a xurdir.

Na situación actual unhas poucas empresas (Iberdrola, Endesa, Gas Natural, Hidrocantabrico, E.On…) copan o mercado enerxético. En consecuencia, impoñen as súas condicións ao conxunto da cidadanía, coa entusiasta colaboración do poder político, co único obxectivo de incrementar os seus beneficios.
O incremento continuado das tarifas está a xenerar pobreza enerxética e até exclusión social en amplas capas da poboación.

Neste contexto, a cidadanía está a reaccionar e a construir alternativas desde abaixo, democráticas, participativas e solidarias. Como exemplo disto, imos dar a coñecer as experiencias de cooperativas sen ánimo de lucro, comercializadoras de enerxía eléctrica de orixe renovábel: Som Energia e Nosa Enerxía.

O acto vai ter lugar no Salón de Actos da casa do mar de Ribadeo, o venres 10 de outubro, ás 20:30. Nel intervirán Daniel Espinheira, dinamizador do Grupo Local de Galiza de Som Energia, e Pablo Álvarez, Presidente de Nosa Enerxía, SCG.

Exit mobile version