Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro do CC Ollomao ofrece unha nova representación teatral en Cangas

“Oé, Oé, Oé”, a obra de teatro escrita por Maxi Rodríguez, foi a escollida para ser a segunda peza que representará o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros, ao longo do presente ano. O citado grupo comezou a súa andaina a comezos do 2013 chegando a facer ata 12 funcións da súa primeira obra “Os vellos non deben de namorarse” ás cales asistiron máis de 3000 persoas.

Este domingo o Centro Social Os Castros de Cangas de Foz acollerá unha nova representación de “Oé, Oé, Oé”, unha obra que tentafacer reflexionar sobre a paixón futbolística como escusa para desviar a nosa atención da crise e demais problemas que nos afectan. Esta obra, estreada en Asturias no ano 1994 percorreu gran parte da xeografía española e foi traducida ao galego por Roberto Vidal Bolaño e representada polo grupo “Teatro do Aquí” no que supuxo un dos maiores éxitos de público do teatro galego. Tamén foi estreada con grande éxito en Portugal, distintos países iberoamericanos e, recentemente , en Grecia. Nesta ocasión, o grupo de teatro de Ollomao parte do orixinal de Maxi Rodríguez para traducilo, adaptalo e actualizalo.Como di JorgeValdano no prólogo da obra ; “Oé, oé, oé!” convida co seu título a un xúbilo mentireiro; a obra enteira está salpicada dun humor que de entrada fai cóxegas pero de saída rabuña.

A función será o domingo 26 de outubro ás 7 da tarde.

Exit mobile version