Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo popular di que os orzamentos da Xunta en 2015 son “a mellor ferramenta que podemos darlles ós nosos agricultores, gandeiros, pescadores e mariscadoras”

Santiago, 31 de outubro de 2014.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, dixo que os orzamentos da Consellería do Medio Rural e do Mar para o ano próximo son a “mellor ferramenta que podemos darlles aos nosos agricultores, gandeiros, pescadores e mariscadoras”

UN ORZAMENTO MAIOR PARA O ANO 2015
Falamos dunhas contas que -lembrou Balseiro- superarán os 569,7 millóns de euros, unha cifra que será aínda maior se temos en conta que están pendentes de incorporar á mesma os recursos pendentes e procedentes do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) negociado recentemente e que permitirá facer crecer as contas globais por riba do 8%, máis que a suba da Xunta.

Así o Goberno galego “volve a situar ás políticas para o sector primario dentro das prioridades de investimento ata o punto de que a de Medio Rural e do Mar segue a ser a cuarta consellería por montante orzamentario, só despois das tres de carácter social”.

BLINDAXE DOS SERVIZOS BÁSICOS
Balseiro insistiu en que o orzamento asignado a este departamento é “realista, responsable e atende a todas as políticas da Consellería” e foi máis alá ao salientar que estas contas “serven para blindar os servizos básicos como o operativo contra incendios forestais, o servizo de Gardacostas, o labor do Intecmar e os apoios ao sector lácteo”.

En relación co discurso da oposición, o deputado popular acusou a PSOE, Age e BNG de manter un discurso catastrofista, alleo á realidade, que segue un argumentario predefinido e que non mudan ano tras ano, a pesar da variación do contido dos orzamentos.

Exit mobile version