Site icon Crónica3.com A Mariña

O hipermercado Eroski de Ribadeo acolleu o seu terceiro concurso de cabazas para celebrar o Samaín

eroski.cabazasRibadeo, 30 de outubro de 2014. O hipermercado Eroski, de Ribadeo, acolleu o seu terceiro concurso de cabazas para celebrar o Samaín. Nesta actividade participaron 47 nenos e nenas acompañados polos seus pais.

Os participantes dividíronse en dúas categorías: ata os 7 anos de idade e de 8 a 12 anos. Todos eles recibiron obsequios e lambetadas. Ademais os gañadores de cada categoría foron premiados con senllos regalos valorados en 40 euros cada un.

A actividade desenvolveuse o pasado sábado durante dúas horas, de seis a oito da tarde, e os participantes “saíron moi contentos, porque o pasan moi ben e ademais levan regalos”, explicou o xerente do hipermercado Eroski, Andrés Neira.

Club para clientes
Ademais no hipermercado Eroski, de Ribadeo, comezou o lanzamento de Eroski Club, que é un programa de fidelidade masivo e gratuíto para todos os clientes con descontos que chegan ata o 15 por cento en máis de 2.500 produtos, así como promocións e ofertas exclusivas, ademais de contar con todas as vantaxes do programa Travel Club.

Moitos clientes do hipermercado Eroski, de Ribadeo, fixéronse xa coa Tarxeta Eroski Club nas primeiras horas dende a posta en marcha desta iniciativa.

Exit mobile version