Site icon Crónica3.com A Mariña

O MAGRAMA inicia as obras do Camiño Natural de San Rosendo no tramo Mondoñedo-Foz

22 de outubro de 2014.- O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal, iniciou as obras correspondentes ao tramo Mondoñedo – Foz do “Camiño Natural de San Rosendo”. Este proxecto, que será financiado e dirixido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, dentro do Programa de Camiños Naturais, contará cun investimento de 367.524 euros.

O novo tramo, que percorrerá os municipios de Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz na bisbarra da Mariña Lucense, terá unha lonxitude de 32,4 quilómetros e unirase aos tramos xa construídos entre Porto Quintela e Celanova de 28,3 quilómetros e de Celanova a Ourense con 37,8 quilómetros.

As actuacións previstas consideran a roza de terras coa limpeza de firmes e cunetas, a instalación de zahorras e canles de formigón, a reparación e construción de fontes, así como a colocación dunha pasarela de madeira sobre o río Baos en Lorenzana e doutra en “A Voltiña”, para salvar a drenaxe da estrada.

Tamén está prevista a colocación de colectores e marquesiñas de madeira, as sinalizacións do camiño e as proteccións necesarias ao actuar nas marxes dalgunhas estradas.

Este proxecto enmárcase no Programa de Camiños Naturais do Ministerio e dentro do Convenio de colaboración subscrito entre o Departamento e a Consellaría de Medio e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, para a posta en valor da Rede de Camiños Naturais non motorizados de Galicia.

Este proxecto ofrece ao usuario novas posibilidades de ocio e unha forma de turismo alternativa e respectuosa co ámbito. Potencia a educación ambiental e a interpretación da natureza, e ofrece novas posibilidades para o exercicio de actividades educativas e culturais que axuden a unha maior integración e mellor coñecemento do ámbito.

Programa de camiños naturais
A obra cumpre cos criterios do Programa de Camiños Naturais desenvolvido polo Ministerio, e únese aos máis de oito mil seiscentos quilómetros de Camiños Naturais construídos dende o ano 1993.

Con eles contribúese a diversificar a actividade económica da zona, potenciando a oferta turística, e axuda a conservar os espazos naturais a través da educación ambiental, preservando os recursos da zona de influencia do Camiño Natural. Ademais, favorece a conservación do patrimonio cultural, permitindo así o coidado e transmisión do legado cultural da zona.

Exit mobile version