Site icon Crónica3.com A Mariña

O Museo Provincial do Mar acolle a mostra fotográfica ‘Galicia – Cabo Verde. Unha irmandade’

A mostra fotográfica de Rober Amado, Galicia-Cabo Verde. Unha irmandade, será inaugurada este xoves 23 de outubro ás 19.00 horas no Museo Provincial do Mar.

Esta mostra fotográfica promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade conta co patrocinio da área de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, e é o resultado dunha viaxe a Cabo Verde en outubro de 2013 por parte do fotógrafo Roberto Amado.

A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, na súa viaxe a Cabo Verde. Os paneis son acompañados por 4 rollers informativos sobre as accións de cooperación do Fondo Galego en Cabo Verde.

O acto inaugural, ao que asiste o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, conta coa actuación do grupo de mulleres caboverdianas residentes en Burela Batuko Tabanka.

Horario de inverno (de outubro a maio)
Martes a sábado: mañás de 11.00 a 14.00 horas.
Tardesç. de 16.00 a 19.00 horas.
Domingos e festivos: mañás de 11.00 a 14.00 horas.
Luns pechado

Exit mobile version