Site icon Crónica3.com A Mariña

O pazo de Tovar: e a tomadora de pelo do PP aos veciños de Lourenzá

Estes días grandes mitos do PP nacional están caendo e sendo imputados, Bárcenas, Rato, Acebes…. pero non fai falla irse moi lonxe, pero ver os feitos do PP, o Concello de Lourenza e un claro exemplo.

Tormenta política como non se vira outra sacude Lourenzá, uns acusan, outros defendense pero certamente pouco cambia polo momento. Acusacións contra un xeito de proceder de por si xa coñecido, o xeito dos vellos caciques perdoavidas que semella que en vez de practicar a política estean constantemente tentando levar ate o fin as técnicas máis sutís e depuradas da usura.

Difícil resulta ainda sobre todo na Galiza rural facer comprender á xente cales son os seus dereitos. Moreas de veciños e veciñas desfilan de cotío polos despachos das alcaldías a suplicar polos seus dereitos,
Desta volta ai que aplaudir o David nacionalista de Lourenzá non tivo medo do Goliat ultraconservador e non recuou fronte ás ameazas deste último. Temos novidades en Lourenzá, o goberno está en apuros, desta volta alguén dixo non!!!!, ate aquí podiamos chegar!!. Valente proposta, máis solitaria e quizábeis causa perdida, pero por fin alguén sae ao paso en Lourenzá, sae ao paso dos que , ao paso da tradición imposta ao povo, ao paso da leite que mamamos dende o berce, herdanza de anos dun sistema fariseo que nos decía que nada mellor nos correspondía.

Hai moito medo na xente, represalias, amenazas e coaccións moi comúns nalguns membros do goberno, pero penso que desta vez os tanques xa sairon a praza, e o noso particular Tianánmen ameaza con quedar en silencio, pois non será un movemento político o que faga calar o ruxir dos tanques, este só prendeu a mecha do que debería de ser como aquela foi unha revolución contra un goberno represivo e corrupto, pero unha revolución social ao fin de contas, que a linguaxe da política nunca máis sustitua ao do povo de Lourenzá.

Non se pode permitir que no século XXI a se lle coloque a dedo como arquitecta dunha obra municipal, a filla do Teniente Alcalde, co consentimento dos seús compañeiros de corporación. E logo os demais arquitectos non teñen dereito… Con seis millóns de parados cantos arquitectos non habera que sorte e ter un familiar no PP…

Prendéronse novas luces en Lourenzá, neste caso os nacionalistas marcaron un camiño que aínda que todos coñeciamos ninguén parecía a estar disposto a aceitar, pero abofé que iso non é suficiente e compre agora mandar unha misiva aos gobernantes laurentinos, unha misiva onde o povo lles comunique que a única soberanía posibel é a popular e que eles como cargos electos só ostentan temporalmente a representación desa soberanía como meros portavoces do poder popular, vivimos nunha democracia representativa que non esquezan, pero representativa da vontade popular non dos desexos particulares e rexeitamos vivir nun sistema demagóxico que como xa esplicaban os clásicos é a peor dexeneración posible dun goberno.

O que deu comezo en Lourenzá que non o pare a demagoxia!!!!, que a sagrada unión entre as palabras poder e popular non caigan de novo no esquecemento como desexan aqueles que conciben os negocios públicos como unha forma máis de subsistencia propia. Aproveitemos pois os acontecementos para reformular os conceptos de soberanía e liberdade, e ainda que o máis probable indica que o goberno de Lourenzá non cambiará de cor o vindeiro ano aproveitemos a ocasión para mandar un aviso aos futuros gobernantes, facéndolles lembrar a súa condición de senescais e non de propietarios do poder popular e das institucións públicas.

E por último senon actua a xusticia por oficio, igual os veciños teñen que acudir a xusticia, para que se faiga xusticia.

Exit mobile version