Site icon Crónica3.com A Mariña

“O poder do discurso político”, próximo foro da Escola de Formación Manuel Fraga

Lugo 18 de outubro de 2014.- Quen tamén se desprazou este sábado 18 de outubro, día das San Lucas, á cidade mindoniense foi a Escola de Formación “ Manuel Fraga”, dependente de NNXX.

Ás 17.00 horas e nun acto celebrado no Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo, os mozos populares fixeron un repaso de varios temas actuais, como a Reforma da Administración, e anunciaron un foro previo ás eleccións municipais.

O encargado de informar do futuro acto foi o presidente da Escola de Formación, Diego Campo, quen adiantou que se trata dun curso sobre o poder do discurso político.

A Escola de Formación elexiu este sábado Mondoñedo dado que son as festas de As San Lucas e a vez de participar nas mesmas, centralizar os seus traballados e actividades.

No acto tamén participaron: o presidente de NNXX, Daniel Vega, o coordinador comarcal de NNXX en A Mariña, Roberto Fernández, a presidenta local de NNXX, Beatriz Meilán e demais representantes da formación local mindoniense.

Exit mobile version