Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés convoca ás súas bases para este sábado 25 de outubro

Burela, a 24 de outubro de 2014.- O Partido Popular de Burela celebra mañán, sábado, ás 12.00 horas, na antiga biblioteca municipal, tal e como estaba previsto, unha asamblea de afiliados e simpatizantes para tratar asuntos de enorme interés para a cidadanía, e que están de actualidade e na boca de moitos veciños.

O presidente da Agrupación Local, José María González Barcia, manifestou que “hai boas noticias que axudan a convocar esta reunión e explicarlle ós nosos afiliados e simpatizantes o estado de certos asuntos, e hai cousas que alguien anda decindo par aí, que son mentira, e que polo tanto hai que aclarar”.

Así, na reunión, e segundo a orde do día, informarase con detalle de certas actuacións que se están a levar a cabo, coma a nova escola infantil ou o acceso ó porto, ou que están absolutamente encauzadas, coma a ampliación do Hospital da Costa, afirmou José María González Barcia.

Ademáis, Barcia manifestou que “se informará con todo detalle ós asistentes sobre cuestións vinculadas coa modificación tributaria derivada da aprobación do PXOM e da revisión catastral. E verase quén di a verdade e quén minte”.

O Goberno Municipal e o partido que o apoia comenzarán, tal e como anunciaron, a realizar reunión polos barrios da vila o vindeiro martes, en concreto no Restaurante Os Remos, ás 20.30 horas.

Exit mobile version