Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo cre que o proxecto sobre o Mirador de Mondoñedo “afasta aos peregrinos da localidade” e “non xera riqueza en Mondoñedo”

En relación á nota de prensa enviada este mércores pola Deputación sobre o Mirador de Mondoñedo; o Partido Popular da localidade considera que:

– A iniciativa dos socialistas na Deputación de Lugo non nos parece unha proposta seria, senón que semella máis propia dunha broma ao tratarse dun proxecto que non xera riqueza en Mondoñedo, xa que afasta aos peregrinos da propia localidade.

– De ser este un bo proxecto para Mondoñedo, sería o propio Besteiro o que presentase a proposta; xa que coñecemos o moito que lle gustan as fotos.

– Decepciónanos que a primeira proposta da tenente de alcalde da localidade, Esperanza González, dende que asumiu responsabilidades de goberno, sexa esta e non a de poñer en valor unha infraestrutura que permita vender un proxecto que xere riqueza en Mondoñedo.

Exit mobile version