Neste senso, os populares explicaron que as escasas labores de limpeza nos sumidoiros da localidade provoca que as primeiras choivas fortes estean a converter as rúas do municipio en “auténticos ríos”.
O mantemento inadecuado, que responde ao abandono ao que o PSOE e o BNG está a someter á localidade, provocan que se tupan os sumidoiros e que a auga pluvial descorra polas rúas coas conseguintes consecuencias que pode implicar para os veciños; ademais das molestias innecesarias para os transeúntes.
Estase ante unha circunstancia, segundo manifestaron dende o PP, que afecta de forma xeneraliza ao casco histórico e que o equipo de goberno siga a despreocuparse dando as costas aos veciños, pode chegar a ocasionar inundacións e danos.
Ante isto, o Partido Popular de Mondoñedo esíxelle a nacionalistas e socialistas que realicen as labores de limpeza destes condutos e que, deste xeito, se manteñan en bo estado de conservación as rúas da localidade.