Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro interésase pola sinalización de Covas e as instalacións deportivas do municipio

Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno ordinario, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º) A Parroquia de San Juan de Covas é na actualidade a única parroquia do noso Concello que carece de rotulo identificativo. Según as informacións das que dispoñemos os carteis identificativos encontranse en dependencias municipais, motivo polo que lle ROGAMOS á Alcadesa que coa maior prontidude as volva a colocar nas entradas da mencionada parroquia.

2º) Varios veciños que teñen as súas vivendas preto do paseo marítimo de Covas, manifestaronnos estes días nos que houbo mareas vivas – a principio de outubro-, a súa preocupación porque o mar chegaba ás aceras do propio paseo, a pesares de no haber temporal. Algúns deles mesmo nos dixeron que telefonearan o concelleiro de obras. Ante esta evidente preocupación dos veciños é polo que lle ROGAMOS á Alcadesa que se adopten as medidas necesarias en canto o mantemento da praia de Covas – que é competencia municipal – para a protección destes veciños antes de que cheguen os temporais do inverno.

Preguntas
Así mesmo, no vindeiro Pleno quere coñecer as respostas ás seguintes preguntas:

No Pleno celebrado o 3 de xullo de 2014, o noso grupo presentaba un rogo para que se instalaran os desfibriladores nos campos de fútbol de Viveiro e de Galdo e no Pavillón Municipal.

Ante isto a Sra. Alcadesa respostaba que xa se encontraban nas dependencias municipais e mesmo que se impartiría por parte da Diputación un curso ó persoal para poder utilizalos.

Como queira que xa pasaron catro meses dende esta resposta, que comenzou unha nova temporada deportiva e que os desfibriladores non se colocaron nas instalacións deportivas sinaladas anteriormente e polo que lle preguntamos:

1. Cando teñen pensado instalalos nestas dependencias deportivas?
2. Realizouse o anunciado curso de formación por parte da Deputación?
3. En caso afirmativo, que persoal asistiu ó mesmo?

Exit mobile version