Site icon Crónica3.com A Mariña

O Praias de Barreiros FS debuta en competición oficial

O Praias de Barreiros FS iniciará a súa participación na Liga Provincial Masculina de Lugo de fútbol sala o próximo sábado 25 de outubro ás 20.00 horas no Pavillón Municipal de Barreiros ante o CD Cubelas FS.

O sorteo quixo que o debut do equipo barreirense fose contra un vello conocido da afición local. Xa que na pretempada o equipo que adestra Toni Novo enfrontouse ata en tres ocasións ó equipo ribadense, o partido de presentación do Praias rematou con empate a 3 tantos, no segundo amigable os de Barreiros impuxeronse 4-2 e o último encontro, disputado en Cubelas rematou tamén con empate (3-3).

Caras novas no Praias de Barreiros
O club barreirense fai oficial antes do comezo da competición oficial as incorporacións de Cristóbal Prieto e Iván García ‘Pichi’, así como a confirmación da presenza do mozo David Becerra como integrante da primera plantilla.

Iván García Fanego, máis coñecido como ‘Pichi’ é un vello coñecido da afición barreirense, xa que o de San Pedro de Benquerencia formou parte dos Cadramón Lux e das Catedrales FS, os dous últimos conxuntos barreirensenses de fútbol sala.

Cristóbal Prieto, natural de Trabada, formado como xogador nas categorías inferiores do Lourenzá e do Ribadeo, chega para reforzar o club, aportándolle un plus de competitividade.

As caras novas do Praias de Barreiros xa participaron nos últimos encontros amigables de pretempada, xunto co mozo David Becerra, que iniciou os adestramentos dende o primeiro día e que tamén formará parte da primeira plantilla do Praias.

Exit mobile version