Site icon Crónica3.com A Mariña

O prazo de matrícula para os cursos federativos de fútbol sala e fútbol en Burela estará aberto ata o 13 de outubro

A Escola de Adestradores manterá aberto o prazo de matrícula dos cursos de nivel 1, 2 e 3 de fútbol Sala e nivel 1 de fútbol ata o vindeiro luns, 13 de outubro.

Os devanditos cursos impartiranse no IES Monte Castelo de Burela a partir do 20 de outubro e prolongaranse ata xuño de 2015, con luns e mércores como xornadas lectivas, entre as 20.00 e 23.00 horas.

As persoas interesadas poden recibir máis información poñéndose en contacto coa Escola Galega de Adestradores (981 120 048) e/ou co responsable federativo do comité de adestradores da FGF.

Máis información en: www.futgal.es (Entrenadores-Escuela) ou en http://www.burelafs.org/entrevistas.php?id=3849.

Exit mobile version