Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG de Burela propón que a corporación municipal acorde solicitar unha revisión dos valores catastrais

Atendendo á solicitude do grupo municipal socialista o señor alcalde de Burela convoca un pleno extraordinario para este venres ás 12.00 horas. O único punto na orde do día é o seguinte:

1.- PROPOSTA DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA QUE A CORPORACION MUNICIPAL ACORDE SOLICITAR UNHA REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS VALORES CATASTRAIS QUE SE APLICAN PARA O IMPOSTO SOBRE BENS E INMOBLES (IBI) NO CONCELLO DE BURELA

A nosa proposta ven inducida pola necesidade de adaptar os valores catastrais dos bens e inmobles do noso concello ós valores actuais, xa que non se fixo ningunha revisión dende o ano 2006. Evidentemente a situación global hoxe é moi diferente a do mencionado ano, e moitos concellos actualizaron os valores catastrais en xaneiro do 2014 para adaptase á realidade actual do mercado.

O valor catastral é un referente sobre o que se calcula unha serie de impostos, fundamentalmente, o Imposto de Bens e Inmobles (IBI) que cobran os concellos.

En Burela, ademais, debemos aproveitar esta revisión para adaptala a nova situación derivada tras a aprobación do Plan Xeral.

Exit mobile version