Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE focense considera que os parques infantís do concello non son tan seguros como deberan

brida columpioFoz, 21 de outubro de 2014.- Para as familias que teñen nenos pequenos, os parques infantís son unha das opcións preferidas para que os seus fillos xoguen ao aire libre. Desafortunadamente, tal e como amosan as fotos axuntas, moitos destes parques, no Concello de Foz non son tan seguros como deberan, podendo dar lugar a accidentes perfectamente evitables con un correcto mantemento e así o denuncian os Socialistas.

O PSdeG-PSOE de Foz fixo unha análise da situación destas áreas de xogo do Concello dando un resultado moi preocupante o estado de abandono no que se atopan, que non pode si non ser achacado ao desprezo e desidia amosado polo Alcalde Sr Castiñeira e o seu Equipo de Goberno no mantemento e conservación destas instalacións municipais

O PSOE, a través do concelleiro independiente e afiliado socialista Jaime Cancio, solicitará ao señor alcalde que se poñan en marcha as medidas oportunas para corrixir as seguintes deficiencias :

– Paseo de Llas e Peizás: Mantemento e limpeza do parque. Hai ferros oxidados. Os adoquíns atópanse rotos e levantados, o que pode provocar a caída de viandantes. Os arredores están sen desbrozar.

– Parque Marzán. Mantemento e limpeza. Débese protexer a saída á estrada que vai ó Santo. Reparar a fonte e mentres tanto cercala por non ter auga corrente, senón estancada. A falta de protección fai que os nenos se mollen ou incluso beban dentro, cos conseguintes problemas sanitarios.

– Parque das Torres. A madeira dos xogos (tren) atópase relada deixando á vista os parafusos de suxeición. Os ferros están enrroñados. O campiño de fútbol sala ten grava poceada e rota. Está sen ningún tipo de mantemento.

– Campo da Cabana. Falta unha randeeira de maiores por rotura da cadea. Os ferros están oxidados e as madeiras desgastadas. Escaleira acceso ao parque baldosas rotas e soltas. Cómpre limpeza.

– Parque da Riveira. O “columpio” de nenos pequenos está suxeito con brida de plástico, en vez de cadea nova. O tobogán, ten tope dun lado e do outro non. O parque non está adaptado para nenos pequenos. As madeiras atópanse reladas. Pídese valado de protección a carón da dársena e onde se fai a ofrenda floral á Virxe do Carme.

– Conde de Fontao. Fáltanlles a todos os farois as tapas regulamentarias de ferro. Os buratos onde están os cables pechan con PVC suxeitos con bridas.

– Parque Damián e Día. Mantemento e limpeza, e iluminación.

– Malates. Non conta con visibilidade nocturna. Fai falla engraxar engrenaxes, pulir madeiras e cambiar engrenaxes oxidados (Mantemento). Tomar medidas para que as mascotas non fagan as súas necesidades no parque. Pídese un novo cartel, que regule o uso das instalacións.
-Pista de skate, en estado de abandono, sen mantemento e con graves deficiencias de seguridade.

Observacións:
-Facer revisión e mantemento dúas veces ó ano DE FORMA ESPECIAL DA SEGURIDADE DOS APARELLOS INSTALADOS NOS PARQUES.
-Facer traballos de limpeza diaria
-Instalar iluminación, caso no de Álvaro Cunqueiro
-Pintado, reparación e reposición dos aparellos instalados nos parques.
-Prover a Foz dun parque adaptado á psicomotricidade dos nenos.

Exit mobile version