Site icon Crónica3.com A Mariña

O Valedor do Pobo admite a trámite a denuncia do PSOE burelés sobre o cobro de dietas do equipo de goberno

O pasado mes de agosto dende o PSdeG-PSOE anunciamos que iniciaríamos todas aquelas accións ó noso alcance para que se aclarase o cobro de dietas de desprazamento por parte do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela sen estar debidamente xustificadas, e coa sospeita de que eses viaxes non se facían e se trataba de soldos encubertos .

Remitimos escrito coa pouca información que se nos proporcionou por parte do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela, entre outros ó Valedor do Pobo, que segundo nos comunicou estes días admite a trámite a nosa denuncia, abre un expediente con número N.7.Q/22638/14 e inicia os trámites oportunos para que o Sr Barcia aclare o cobro destas dietas de desprazamento polas que preguntábamos.

O Valedor do Pobo no escrito que remite ó Concello é moi claro e pide que no prazo de 15 días se lle facilite toda a información que motivou a queixa do Grupo Municipal Socialista no Concello de Burela.

Isto non fai máis que confirmar o ocultismo que fai o Sr. Barcia e o seu equipo de “desgoberno” dos gastos que se fan a conta dos cartos públicos, e ratifican o noso pensamento de que eses viaxes non se realizaron na realidade e non se trata máis que de sobresoldos de compensación a membros do equipo de “desgoberno” polos servizos prestados.

Esperemos que o Sr. Barcia sexa capaz de poder xustificar estes desprazamentos e o cobro destes cartos xa que de non ser así, e tendo en conta que é o propio Sr. Barcia o que asina a concesión destes cartos terá moitas explicacións que darlle ós veciños e veciñas de Burela.

Dende o PSdeG-PSOE de Burela seguiremos insistindo neste asunto ata que se aclare dunha vez por todas a que se deben os pago destes cartos, as xestións que se foron facer e cal foi o beneficio das mesmas para os propios veciños.

Exit mobile version