Site icon Crónica3.com A Mariña

O Vicedo sabe a mar dende este venres ata o domingo

O Concello de O Vicedo impulsa un novo proxecto gastronómico e cultural vinculado, como non podía ser doutro xeito, ao mar.

A programación dará inicio este venres 24 de outubro ás 20.00 horas coa Ruta do Pincho polos bares e restaurantes do Vicedo e prolongarase ata o domingo 26 de outubro.

O sábado pola mañá, a partir das 12.00 horas, continúa a ruta do pincho e ás 12.30 horas, celebrarase un taller de cociña infantil. “Pequechefs do mar” conta con 25 prazas previa inscrición no enderezo info@ovicedosabeamar.com ou na Casa da Cultura.

Xa pola tarde, entre as 17.00 e as 22.00 horas, desenvolverase a ludoteca infantil con talleres infantís de globoflexia, maquillaxe, manualidades, etc.

A partir das 19.00 horas haberá un taller de cociña creativa dirixida ás am@s de casa e ao público en xeral previa inscrición. E ás 21.00 horas os hostaleiros do Vicedo servirán unha cea denominada “Tapería da Ría e Taberna Galega”. A xornada rematará cunha actuación musical a partir das 22.30 horas.

Domingo 26
O domingo 26 de outubro tamén comezarán as actividades ás 12.00 coa ludoteca infantil, que se prolongará ata as 14.00 horas e que continuará aberta pola tarde dende as 17.00 ás 21.00 horas, e un showcooking ou exhibición de cociña en directo con degustacións gratuítas das receitas elaboradas con produtos da rúa.

Á mesma hora dará comezo a terceira xornada da ruta do pincho polos bares e restaurantes do Vicedo; mentres que o concurso de receitas dará comezo ás 18.00 horas. Para participar tamén é preciso inscribirse previamente.

Os hostaleiros da localidade volverán ofrecer unha cea coa TAPERÍA DA RÍA E TABERNA GALEGA, a partir das 19.00 horas e ás 19.30 horas farase a entrega dos premios do concurso de receitas e dos participantes da Ruta do Pincho.

Exit mobile version