Dentro da programación de outono organizada pola biblioteca focense Marta Rivera falará sobre os seus libros, entre os que destacan a novela En tiempo de prodigios, coa que foi finalista do premio Planeta no ano 2006, e outras obras como La importancia de las cosas, La vida después ou La boda de Kate.
Con este acto celebrarase en Foz o Día Internacional da Biblioteca, que se conmemora o 24 deste mes, pero “nesta ocasión adiantámolo á xornada anterior por motivos de axenda da escritora Marta Rivera”, explicou o concelleiro de Cultura focense, Ánxel Paleo Soto.