Site icon Crónica3.com A Mariña

Os catro concelleiros independentes reúnense cos veciños de Foz

Os catro concelleiros independentes do Concello de Foz, encabezados por Ramón Sixto, seguimos reuníndonos cos veciños de todo o pobo para explicarlles os motivos que nos levou a tomar a decisión de ter que abandonar o Partido Socialista.

Aproveitamos tamén estas reunións para recoller as queixas e necesidades que poida ter cada veciño da parroquia á que pertence.

No día de onte achegámonos a falar cos veciños de Cangas e mañá venres día 3 de outubro ás 21:00 horas estaremos na parroquia de Cordido.

Estas reunións están sendo moi produtivas porque ademais de explicar e responder a calquera pregunta que os veciños poidan ter, axúdanos a coñecer mellor os problemas e necesidades que o noso pobo e o medio rural está a padecer.

Exit mobile version