Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros independentes de Foz aseguran que “case que pagan máis os mariñeiros e particulares que teñen as lanchas nos amarres que o que Portos de Galicia invertiu en Foz nestes catro anos”

Os Concelleiros Independentes do Concello de Foz a través de Ramón Sixto queren saír ó paso das declaracións feitas polo noso alcalde onde dí que Portos de Galicia foi un dos entes que máis investiu no noso concello.

Non sabemos se o noso alcalde nos toma o pelo ou se pola contra nos quere engañar. Resulta sorprendente que diga que Portos de Galicia foi o que máis investiu en Foz, cando o investimento que se fixo foron 250.000 euros no famoso mini dragado e 100.000 euros nun tramo de pasarela. É decir, so 350.000 euros en catro anos de goberno.

Cando dí que Portos foi o ente que máis invirtiu en Foz, figúrense o pouco que invertiron os demais, porque a verdade é que non se levantou nin un solo ladrillo en todo o que leva gobernando o Partido Popular en Foz, e está a rematar a lexislatura.

Inversións feitas e que se poden ver son as que se fixeron en anteriores lexislaturas coma o Paseo de Laredo, tódolos pantaláns que hoxe existen no porto, reformas na Confraría, consecución dos terreos para construír a piscina, o parque infantil de tráfico, rexenaración das instalacións do Club Kayak, o edificio da Casa do Mar, parque infantil, parque para maiores, grúa para o izado das lanchas, etc, etc,…..

“Sr. Alcalde se se votan contas case que pagan máis os mariñeiros e particulares que teñen as lanchas nos amarres que o que Portos invertiu en Foz nestes catro anos”.

Exit mobile version