Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros independentes de Foz móstranse preocupados polo estado no que se atopa a desembocadura do río Ouro

Foz, 28 de outubro de 2014.– Os catro Concelleiros Independentes do Concello de Foz a través de Ramón Sixto, preguntaranlle ó alcalde no pleno deste xoves, que foi das mocións que este grupo de concelleiros levou varias veces a pleno sendo aprobadas por unanimidade, solicitando ao Servizo de Costas a limpeza e desaloxo de area e pedras maila reparación da escollera de pedra da desembocadura do río Ouro en Fazouro, por atoparse ao noso entender en risco de taponarse, correndo o perigo do non desaloxo da canle cando no inverno haxa continuas riadas como houbo nestes anos pasados.

Por este motivo e agrabando aínda máis esta situación, cando se producen mareas grandes con temporal no mar as olas pasan por riba da escollera levantando e rompendo o paseo contiguo ó río facendo o lugar perigoso para as persoas que pasean a diario por alí.

Consideramos que a xestión que está a facer este Goberno é tan nefasta, que permiteu que a inversión que se fixo neste punto para reparar os desperfectos que causaron os temporais do inverno pasado, e que fai tan só catro meses que se remataron, non sirva para nada, posto que fai exactamente duas semanas os olas pasaron de novo por riba da escollera, polos motivos que xa dixemos levantando de novo o paseo marítimo.

Esixímoslle ó alcalde que dunha vez por todas tome cartas no asunto e faga as xestións necesarias para dar solución a este problema que non fai máis que agrabarse día a día, e que teña a vontade de visitar este lugar cando esteña a marea baixa para que vexa a urxencia que esto merece.

Exit mobile version