Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros independentes de Foz piden autobús directo para os estudantes universitarios e orzamento para rematar o paseo marítimo

Os catro Concelleiros Independentes de Foz a través de Ramón Sixto levaremos a debate no pleno deste mes unha moción instando ao Concello á posta en marcha dunha liña de autobús directa a Lugo, A Coruña e Santiago para os estudantes que se teñen que desprazarse fóra da comarca para cursar os seus estudos, dándolle tamén traslado aos Concellos veciños porque deste xeito sería moito máis viable levar a cabo esta proposta. Así mesmo tamén, e pensando na situación de crise e desemprego que están a pasar moitas familias que lles está sendo moi difícil afrontar os gastos que supón ter un fillo ou máis estudando fora e tendo en conta a baixada global do orzamento do Ministerio de Educación para becas e axudas ao estudo que fixo que moitos rapaces tiveran que verse obrigados a abandonar os seus estudos por denegarlles a beca instaremos tamén ao Concello a habilitar unha partida orzamentaria para subvencionar o transporte dos mozos e mozas da nosa Vila que pertenzan a familias con escasos recursos económicos.

O veciño Concello de Viveiro foi quen de facer realidade este trámite por iso creemos que o Concello de Foz tamén ten o deber de axudar os estudantes empadroados no Municipio cando un Concello é a administración pública máis cercana aos cidadáns e a que mellor pode tratar os problemas dos seus veciños.

Por outra banda presentaremos unha segunda moción solicitando ao Ministerio de Medio Ambiente a que invirta diñeiro das partidas orzamentarias tanto dos fondos do Goberno Central coma da Unión Europea no noso Concello, aínda que recoñecemos que existen cousas máis necesarias por facer, non podemos permitir que se invirta todo o presuposto noutros Concellos, e en Foz pasen sen mirar.
Pedirémoslle que construían o carril bici de A Rapadoira a Llas, o tramo de paseo que uniría Peizás con a Pampillosa xa que os correspondentes terreos atópanse expropiados dende fai tempo, e o proxecto e posterior construcción do tramo do paseo que iría dende a igrexa de Cangas ata a praia de Areoura.

Insistimos que o diñeiro necesario atópase nas partidas orzamentarias de Medio Ambiente e Dirección Xeral de Costas e solo se pode invertir en este tipo de obras. Este Concello necesita xestións e movemento para conseguir estas inversións que ao mesmo tempo estarían xerando emprego na nosa zona.

Exit mobile version