Site icon Crónica3.com A Mariña

Os de Juanlu caen en Palma por 6 goles a 3

O Burela FS Pescados Rubén non puido materializar a segunda vitoria da tempada este venres en Son Moix ante Palma Futsal (6-3). Aínda que os de Juanlu souberon repoñerse ante o 2-0 en contra dos minutos iniciais e reducir distancias antes do descanso, no segundo período perdoaron demasiado ante un acertado Barrón e os locais aproveitaron para ampliar a brecha.

Aínda que os mariñanos saíron buscando a presión foi o Palma o primeiro en inaugurar o electrónico e por partida dobre, con Taffy como estilite e Joselito, á contra, nos minutos 6 e 7. Non se asustou o Burela FS, que o intentou con Iago Míguez só ante o meta balear sen éxito, pero si que puido recortar distancias Isi, minuto 9 (2-1). Os de Juanlu buscaron dar a volta ao marcador con moito perigo. Hélder e Matamoros intentaron sorprender a Barrón; o 10 laranxa aínda dispuxo dun par de balóns rozando o descanso ante os que de novo o meta local soubo reaccionar.

Saíron á carga os laranxas na segunda parte. A ocasión de Chicho, no minuto 22, non impacientou ás hostes burelistas, que atacaron sobre a portaría insular con Iago Míguez, Matamoros e Hélder, con grandes saídas de Carlos Barrón. A fortuna que lles faltou aos de Juanlu deseguida encontrárona os de Juanito para anotar o 4-1, cun contraataque finalizado por Vadillo (mintuo 27) e lanzamento de Burrito (minuto 29).

Tras o gol do malagueño, Juanlu apostou por xogo de cinco no 30 con Antoñito como baluarte. Tras unha nova tentativa de Mata sobre Barrón, chegou o tan merecido tanto dos laranxas, nas zapatillas de Jorge Bellvert (minuto 35). Con 4-2, a finalización do 10 burelista non encontrou a rede local e de novo aproveitou a oportunidade o Palma, á contra, batendo a Antoñito (5-2, minuto 36). A dous minutos para o final, Barrón volveu desbaratar as pretensións mariñás, sacando un balón da liña de meta. Vadillo subiu o 6-2 no último minuto sen meta nas filas galegas. Xa sen porteiro-xogador, Jorge Bellvert anotou o 6-3 final a escasos segundos para o final sen tempo para máis.

Ficha técnica
Palma Futsal: Carlos Barrón, Vadillo, Chicho, Burrito e Taffy, no cinco inicial; tamén xogaron Tomaz, Lemine, Joselito, Paradynski, Pope.

Burela FS Pescados Rubén: Edu, Jorge Bellvert, Iago Míguez, Isi e Matamoros, no cinco inicial; tamén xogaron Miguel, Antoñito, Chano, Hélder, Ángel.

Goles: 1-0, minuto 6, Taffy; 2-0, minuto 7, Joselito; 2-1, minuto 9, Isi; 3-1, minuto 27, Vadillo; 4-1, minuto 29, Burrito; 4-2, minuto 35, Jorge Bellvert; 5-2, minuto 36, Taffy; 6-2, minuto 39, Vadillo; 6-3, minuto 40, Jorge Bellvert.

Tarxetas: Polo Burela amarela a Edu, Isi e Miguel.

Árbitros: Bernabeu Aro // Sánchez Ayala.

*Foto: Pensa Palma Futsal.

Exit mobile version