Site icon Crónica3.com A Mariña

Os laranxas agardan seguir sumando en Palma

O Burela FS Pescados Rubén disputará este venres a quinta xornada de Primeira División no Palau d’Esports de Son Moix fronte ao Palma Futsal (20.30 horas) co obxectivo de encamiñarse na boa senda e seguir sumando tras o primeiro triunfo da escadra laranxa, a fin de semana pasada fronte ao Peñíscola (4-3).

Os baleares recibirán os de Juanlu con ganas de volver puntuar tras os durísimos encontros ante os grandes Inter Movistar (4-6) e FC Barcelona (6-3); as vitorias nas dúas primeiras xornadas fronte Ribera Navarra (7-5) e Montesinos Jumilla (5-6) ofrécenlle a décima posición. O cadro do ex-burelista Juanito, no que o conxunto mariñán tamén ten cedido o ala-pivote Burrito, pode ter entre as súas ausencias os lesionados Joao e Sergio.

A expedición laranxa porá rumbo ás illas mañá ás 9.00 horas en avión dende A Coruña; Hélder e Ángel volverán estar na convocatoria tamén estará Chano, que xa disputou os seus primeiros minutos a xornada pasada despois da intervención de menisco.

Convocatoria Burela FS Pescados Rubén
1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 27. Carlitos, 23. Antoñito, 30. Hélder. 29. Ángel.

*Fotografía: Burela – Manacor

Exit mobile version